6.000 millóns de razóns ante o Tribunal Constitucional

Son 6.000 millóns as razóns presentadas polo Grupo Parlamentario Socialista en recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional (TC) polo bloqueo de PP e Ciudadanos na Mesa do Congreso á Reforma da Ley de Estabilidade Presupostaria. Unha reforma que ten por obxectivo incrementar os Presupostos Xerais do Estado en 6.000 millones de euros extra en inversión social, para mellorar as pensións, a financiación da nosa sanidade e da nosa educación.

Un recurso de amparo ante o TC co que pretendemos defender o dereito da maioría da cidadanía representada no Pleno do Congreso a tramitar as leis que beneficien ao conxunto do país, frente a manobras arteiras e inconstitucionais de PP e Ciudadanos. E, a base do citado recurso, non pode ser outra que a propia Constitución, no seu artigo 23, e o Regulamento do Congreso de Deputados que, no artigo 150.1, ben indica que corresponde ao Pleno do Congreso establecer cando unha lei ten que tramitarse de manera directa ou en lectura única.

Cando a natureza do proxecto ou proposición de lei tomada en consideración o aconsellen ou a súa simplicidade de formulación o permita, o Pleno da Cámara, a proposta da Mesa, oída a Xunta de Portavoces, poderá acordar que se tramite directamente e en lectura única.

Regulamento do Congreso de Deputados. Artigo 150.1.

Non semella democrático que a vontade de 164 deputados teña máis forza que a de 181. Estamos ante unha decisión do Partido Popular e de Ciudadanos que non ten máis finalidade que a de atender aos seus intereses propios, por enriba dos intereses do conxunto dos cidadáns deste país. Van xa perto de catro meses de bloqueo da Reforma da Lei de Estabilidade Presupostaria, bloqueo mediante o cal lograron que o Senado poidera, o pasado 27 de decembro, votar en contra do teito de gasto presentado polo goberno de Pedro Sánchez co aval da Unión Europea, e que significaba poder contar con 6.000 millóns máis de euros no Presuposto Xeral do Estado para o ano 2019.

Non estamos a falar dun tema menor. Falamos de 6.000 millóns de euros máis para sanidade, educación, pensións, subsidios para personas en paro, políticas de vivenda, políticas de emprego,… En suma, 6.000 millóns de euros para unha axenda social coa que facer fronte aos elementos máis perversos deixados por unha crise con sete anos de goberno do Partido Popular. Unha herdanza perversa que algúns, PP e Cidadáns, pretenden que se perpetúe.

Dúas notas máis. En primeiro lugar, non está de máis recordar que o Grupo Parlamentario Socialista ven de gañar dous recursos ante o TC: o que recoñece a capacidade da oposición para controlar o goberno en funcións e o que evita abusos na utilización do veto presupostario que con tanta alegría esgrimía o goberno do Partido Popular.

En segundo lugar, sinalar que, desgrazadamente, ese dous mesmos partidos decidiron bloquear ata o vindeiro 5 de febreiro a tramitación de 38 leis que foron tomadas en consideración. Sirvan como exemplo: a lei da eutanasia, a lei que establece o rexistro de entrada e saída das empresas para evitar a explotación horaria dos traballadores, ou a reforma da Lei de Enxuizamento Criminal sobre os prazos de instrucción xudicial nos casos de corrupción (o que permitiu a PP e Ciudadanos indultar de facto hai dúas semanas ao expresidente do PP de Murcia acusado de corrupción, quen se beneficiou da limitación dos sumarios xudiciais que o goberno do PP promoveu no ano 2015).

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.