Andalucía: “Non hai DOX sen TREX”

Nin cordóns sanitarios, nin cinturóns de castidade, nin pitos nin flautas. Non hai disimulo que valga. Non vale silbar e mirar ao ceo. O certo é que as dereitas españolas, Partido Popular e Ciudadanos, acaban de subscribir, ao contrario que os seus homólogos europeos, un firme e vergoñento pacto coa ultradereita deste país, con VOX.

De ahí que, e como perfecto resumo do acontecido, estea ben traída a parodia do dito popular castelán:

“No hay DOX sin TREX”.

Queda esnaquizado para a dereita española o argumento moral de que “non todo vale para conseguir o poder”. Semella que entre e Casado, Rivera e Abascal preferiron engadir unha nova frase a oitro coñecido refrán castelán que quedaría así:

“Dos es compañía. Tres es multitud. Y la multitud nos dará el poder”

Aínda que sen ningunha esperanza de que así aconteza, gustaríame que Casado e Rivera reflexionaran sobre estas citas de dous personaxes, ben distintos e diferenciados no tempo, que tal vez acaben sendo proféticas:

O poder conseguido por medios culpables nunca se exercitou con bos propósitos.

Tácito (55-115) Historiador romano.

No pasado, aqueles que locamente buscaron o poder cabalgando a lomo dun tigre acabaron dentro del.

John Fitzgerald Kennedy (1917-1963) Político estadounidense.

[Nota: A imaxe que encabeza este artigo está adaptada da portada da revista “EL JUEVES“, último número do ano 2018.]



Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.