As nenas rosa, os nenos azul… e pobre Franklin Roosevelt se o pillan

Así despachábase a nova ministra brasileña de Muller, Familia e Dereitos Humanos, Dalmares Alves: “Atención, atención. É unha nova era en Brasil. Os nenos visten azul e as nenas visten rosa”. Ante o repudio que suscitou este comentario replicado en todas as redes sociais, a ministra do equipo de Bolsonaro aclaraba despois que con esa frase pretendía unha metáfora contra la ideoloxía de xénero, pero que -e aínda haberá que agradecerllo- as nenas e nenos poderían vestir como mellor lles pareza.

A referencia á mente cuadriculada da nova ministra non deixa de ser un chiste fácil, tendo en conta que Dalmares Alves é pastora evanxélica da Igrexa Evanxélica Cuadrangular, pero moito máis serio e preocupante resulta outra das súas frases: “O Estado é laico, pero esta ministra é terriblemente cristiana” .

Franklin Roosevelt, en 1984. Foto: Bettman / Corbis
Foto: Bettman / Corbis

E o perigoso desa frase non son as crenzas relixiosas da ministra, quen é, e debe ser, libre para profesar a relixión que lle pareza. O problema xorde cando pretendemos impor as nosas crenzas a toda a cidadanía. E semella que por ahí vai a cousa, especialmente se temos en conta unha das declaracións de Dalmares Alves de hai non moito tempo nas que afirmaba que non vai ser nin o goberno nin a política os que van a cambiar a nación, senón a igrexa evanxélica.

Me permito finalizar cunha referencia a Franklin Roosevelt, quen foi presidente dos Estados Unidos entre os anos 1933 e 1945, e a esta fotografía do ano 1884, cando era un neno de dous anos. Que pensaría a flamante ministra de Bolsonaro?

Esta referencia a Rooselvet ven provocada por un interesante e simpático artigo de Ana C. Alvarado, cuxa lectura recomendo, no que indaga sobre a cor das vestimentas de nenas e nenos, ademais de explicar as razóns da imaxe de Rooselvet. O seu título non deixa lugar a dúbidas. Basta con facer click na imaxe abaixo destas liñas para acceder ao artigo.

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.