AVE a Galicia: un proxecto deturpado? Os socialistas galegos solicitamos a comparecencia do ministro de Fomento no Congreso.

Pulsa na imaxe para aceder ao documento

O Grupo Socialista do Congreso, a petición dos diputados galegos, ven de solicitar a comparecencia do ministro de Fomento, Iñigo de la Serna, para que dea conta detallada, en sede parlamentaria, da situación actual das obras do AVE a Galicia e da nova planificación recentemente anunciada polo propio ministro na súa entrevista co Presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijóo.

Cal é o proxecto que realmente se pretende executar?

É o proxecto que esperamos todos os galegos ou ben o que pensa executar o goberno de Rajoy é un proxecto de AVE deturpado e recortado?

Ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, semella non importarlle, sólo cal, acata, e confórmase cunha foto cada tres meses.

Os socialistas presentaremos, ademáis desta petición de comparecencia, unha batería de preguntas ao goberno para que o departamento do ministro De la Serna teña que respostar sobre cuestións concretas sobre o proxecto do AVE a Galicia.

plataforma de dobre vía en todo o percorrido do AVE, a variante Taboadela-Ourense, o tramo a Pontevedra e Vigo por Cerdedo, a liña Ourense-Lugo, a saída sur de Vigo e a conexión con Portugal, formarán parte das preguntas ao goberno. Outra das cuestións que formularemos os socialistas serán acerca das estacións intermodais pendentes en Galicia, como as de Vigo, Santiago, Ourense e Lugo.

Ademáis, demandaremos do ministro o cadro orzamentario, partida a partida, para os próximos año e esixiremos a explicación dos graos de execución das partidas para o AVE a Galicia dende o ano 2012 ata o 2016, para así amosar a falsidade dos orzamentos de Rajoy  e de Ana Pastor con destino a Galicia. Dende o goberno do Partido Popular, e contando coa total complicidade e o absoluto silenzo de Núñez Feijóo, sempre se maquillaron os orzamentos cunhas partidas para os tramos da alta velocidad a Galicia que nunca se chegaban a executar na súa totalidade, o que provocou un recorte ao proxecto ferroviario galego de máis de mil millóns de euros, co conseguinte retraso nas obras do que agora pretenden sair exculpados.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *