Borrell sobre Venezuela: “ata que se perda a derradeira gota de esperanza”

Deixo aquí os vídeos da intervención do Ministro de Asuntos Exteriores, Josep Borrell na Comisión de Exteriores do Congreso que tivo lugar o pasado mércores, 30 de xaneiro de 2019. Ao final dos tres vídeos, deixo un enlace para aqueles que queiran ver a sesión completa da comisión, incluindo as intervencións dos portavoces dos distintos grupos parlamentarios.

“a saída ten que ser producto dun diálogo e dunha expresión democrática dos venezolanos”


Josep Borrell

Borrell foi moi claro indicando que “a única salida, dende a política, á aguda crise que atravesa Venezuela ten que ser a convocatoria de unhas novas eleccións presidenciais que poidan levarse a término coas debidas garantías e supervisión da comunidade internacional”. Ademais, o ministro amosou o seu rexeitamento a calquera “intervención militar”. Borrell tamén lamentou a lentitude co que a Unión Europea adopta as decisións e fixo referencia ao “grupo de contacto” que seguirá defendendo na reunión cos seus colegas europeos [celebrada un día despois desta Comisión]. Por certo, a referencia a dita reunión pódese ver pulsando aquí.

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.