Palabra de MONTORO.- 62.136 profesionais menos en Educación e Sanidade (PÚBLICAS)

Non, non estamos a falar do número premiado no recente Sorteo de “El Niño”. O número 62.136 correspóndese co número de funcionarios que o goberno Rajoy recortou da Educación e a Sanidade PÚBLICAS no conxunto do Estado. Na taboa podedes ver as cifras totais e as de cada sector, en primeiro lugar o total dos profesionais de cada sector e,         [Ler máis…]

Méndez de Vigo ten razón, non sabe de educación “pública” Confunde (interesadamente?) universal con gratuita

Resulta moi preocupante as manifestacións do actual ministro de educación relativas ao concepto de “universalización” do noso sistema educativo. En efecto, Méndez de Vigo afirmou recentemente que a educación “si se universaliza, es gratuita”. E mesmo inquiría ao líder socialista, Pedro Sánchez, acerca de “cómo quiere pagarlo”. Non resultan menores as consecuencias desta afirmación. De ser certa a interpretación         [Ler máis…]

PERIGO! Rajoy pretende “blindar” a financiación da educación Blindar a educación contra quen? Contra sí mesmo?

“Rajoy quere blindar educación e sanidade na próxima financiación autonómica”, un titular do xornal Cinco Días que ben podería utilizarse como portada do día 28 de decembro, como inocentada. En escoladeferrado xa o temos denunciado máis dunha vez, pero seguramente cómpre reiteralo. Porque foi Mariano Rajoy quen remitiu en abril do presente ano á Unión Europea o “Programa de Estabilidade 2015-18”, un documento         [Ler máis…]

Erik Maskin, premio Nobel de economía.- defender a escola pública

Hoxe, no xornal LA VANGUARDIA, publícase na contraportada unha entrevista a Eric Maskin, Premio Nobel de Economía 2007 pola súa apotación á Teoría de Xogos. Unha interesante entrevista -recomendo a súa lectura- na que o profesor de Ciencias Sociais da Universidade de Princeton fala de Ucrania, do conflicto Escocia-Gran Bretaña, da cuestión catalana e sobre a         [Ler máis…]