A precariedade e a desigualdade están a financiar o crecemento da nosa economía O modelo do PP ten como motor do crecemento a desigualdade e o deterioro da cohesión social" >

A precariedade e a desigualdade están a financiar o crecemento da nosa economía O modelo do PP ten como motor do crecemento a desigualdade e o deterioro da cohesión social

“O PP vai pasar á historia por ser o primeiro partido que ten traballadores pobres, como consecuencia da súa política laboral e económica, e porque Rajoy, un presidente dun partido, vai declarar por financiamento ilegal ante a Audiencia Nacional”, afirmou o portavoz socialista de Economía ao Ministro. “A precariedade e a desigualdade están a financiar Ler máis…

ENCE-Pontevedra: O Congreso aproba a revocación da prórroga de 60 anos concedida por Mariano Rajoy. "A dignidade de Pontevedra non está en venda", dicía non hai moito un Partido Popular que de forma vergoñenta mudou a súa postura.

Deixo aquí o vídeo da miña intervención na Comisión de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente ao respecto da Proposición Non de Lei instando ao goberno a revocar a ampliación da prórroga á fábrica de ENCE en Lourizán por 60 anos, algo que xa neste mesmo blog temos calificado como unha condena a cadea perpetua á cidade de Pontevedra. A iniciativa, Ler máis…

Rajoy, Pastor e Rojo condenan a Pontevedra a CADEA PERPETUA. 60 anos de concesión a ENCE. Iniciativas socialistas no Congreso.

Sí, a CADEA PERPETUA, así temos que considerar a maioría da cidadanía de Pontevedra e a súa bisbarra a nova prórroga outorgada a ENCE de 60 anos máis de presenza na nosa ría. CADEA PERPETUA a Pontevedra sentenciada por tres persoas que se gaban da súa vinculación coa cidade e que agocharon na recente campaña Ler máis…

Son tan bós os resultados da EPA? O triunfalismo de Rajoy resulta incompatible coa realidade das cifras.

Patricia Blanquer, deputada socialista no Congreso pola provincia de Alicante, ven de escribir no seu blog unha entrega sobre os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondentes ao IV Trimestre do ano 2015. Todos debemos alegrarnos de que a evolución do emprego sexa positiva no noso país, pero o tono de triunfalismo do goberno Rajoy resulta Ler máis…

Palabra de MONTORO.- 62.136 profesionais menos en Educación e Sanidade (PÚBLICAS)

Non, non estamos a falar do número premiado no recente Sorteo de “El Niño”. O número 62.136 correspóndese co número de funcionarios que o goberno Rajoy recortou da Educación e a Sanidade PÚBLICAS no conxunto do Estado. Na taboa podedes ver as cifras totais e as de cada sector, en primeiro lugar o total dos profesionais de cada sector e, Ler máis…