Centrodereita: “con VOX de HOMBRE”*

Cando imos a un manual a consultar a figura retórica denominada “oxímoro”, adoitamos atopar dous exemplos clásicos: “música silenciosa” e “silenzo atronador”. A riqueza e a poética das linguas permite captar a beleza e os novos significados que xorden da suma de dous conceptos que, normalmente, son contradictorios e excluíntes entre sí. Pero, como ocorre con todas as figuras retóricas, o seu uso debe ser axeitado e non usado de calquera maneira.

Ven isto a conto porque acabo de ler nun xornal español de grande tirada a seguinte frase: “A irrupción de Vox da unha ampla maioría ao centrodereita”. E, que queren que lles diga, a min paréceme obvio que aquí non hai oxímoro que valga. Se está VOX non é centrodereita, e se falamos de centrodereita non pode estar VOX.

Quen firma ese artigo entende que, baixo o paraugas da centrodereita, caben as siglas de VOX. Está dicindo que os deputados que poida sacar dita formación política súmanse aos deputados de PP e Ciudadanos para conformar o gran arco da centrodereita deste país. Pero non!, como diría Celso Emilio. “Música silenciosa”, sí. “VOX e Centrodereita”, non.

En política, Ultradereita+Centrodereita non dan como resultado Centrodereita. O exemplo témolo nos países do noso entorno onde estas dúas formacións son como auga e aceite, inmiscibles, non mesturables e, permítaseme, nin siquera caben no mesmo vaso. E así debe ser, e a Historia, “magistra vitae”, o ten ensinado sobradamente.

O pacto, o acordo, ou como queiran chamalo, de PP e Ciudadanos con VOX en Andalucía xa está reflectindo, por desgraza o que estamos a dicir. Pouco tempo agardou o líder de VOX para recalcar que eles van poñer VOX de HOMBRE” a dito pacto. E así, esixen que o punto 84 do acordo quede eliminado. Un punto que di o seguinte:

Que esperar dunha formación, VOX, que entende que estas medidas representan unha “submisión á dictadura de xénero”, que discriminan aos homes e atentan contra os seus dereitos. Efectivamente, de VOX non esperabamos outra cousa, pero daqueles que pretenden representar á centrodereita española sí. Claro que, en fin, de quen confunde nun acordo os transxénicos (tomates, millo,…) coas personas transxénero

*Non me resisto a poñer “con VOX de HOMBRE” como título, en español, xa que non podo menos que imaxinar aos tres líderes parodiando a Mocedades coa canción “Amor de Hombre” (e que MOCEDADES me perdoe).

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.