Día Mundial do Cancro: Manifesto Socialista. O noso lema: "Nós podemos. Eu podo".

Pulsa para acceder o documento.

PSOE súmase un ano máis á conmemoración en todo o mundo do Día Mundial contra o Cancro, o día 4 de febreiro, unha data que naceu co obxectivo de sensibilizar á cidadanía deste grave problema de saúde. O lema deste año é “Nós podemos. Eu podo”. 

No mundo diagnostícanse cada ano 14 millóns de casos novos de cancro e hai unha previsión de que sexan case 30 millóns para o ano 2035. En España, segundo a Sociedade Española de Oncoloxía Médica (SEOM) a incidencia en 2015 foi de algo máis de 247.000 casos novos e a súa evolución está condicionada en boa medida por razóns xenéticas, modos de vida, envellecemento da poboación e, tamén entre outros, mellores sistemas de diagnose.

Por todo elo, un ano máis dende o PSOE cremos imprescindible reforzar a atención no Sistema Nacional de Saúde, salvagardando os recursos e prestacións existentes e garantindo o acceso de toda a cidadanía con criterios de igualdade e equidade. 

A nosa prioridade é garantir a atención e o apoio tanto aos pacientes como aos seus familiares e manifestamos o noso compromiso e reivindicacións no Manifesto que xuntamos a este comunicado e ao que podedes acceder pulsando na imaxe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *