Un novo e nefasto record para Rajoy. España é o país de Europa con maior desigualdade de renda.

Eurostat-LOGO
Pulsa para acceder á táboa

Eurostat ven de publicar, con data xuño-2015, os datos relativos á desigualdade de rendas nos distintos países europeos referidos ao ano 2014. Lamentablemente, España sale moi mal parada nun dato relevante para medir a boa ou a mala marcha dun país, o seu nivel de desigualdade de renda entre os que más teñen e os que menos, medidos a través do “ratio interquintil”.

Ante todo, unha mera explicación do que significa o “ratio interquintil” como medida de desigualdade. Ven a ser a relación entre a renda do 20% máis rico (quintil superior) e o 20% máis pobre (quintil inferior). Dito doutro modo, o valor da ratio resulta equivalente ao número de veces que as rendas dos máis favorecidos contén ás dos máis desfavorecidos. Como é lóxico, a maior valor do ratio, máis desigualdade no país de referencia.

Pois ben, nos últimos datos publicados por Eurostat, España, cun ratio de 6,8  ocupa a primeira posición en canto a nivel de desigualdade de renda da súa poboación. No ano 2014 conseguimos adiantar a Grecia e a Letonia (ambas cun ratio de 6,5) que, ata agora, ocupaban as dúas primeras plazas.

Podedes ter acceso á táboa de Eurostat pulsando no seu logotipo e, ademáis, deixo un enlace á información sobre esta cuestión publicada no xornal “El Economista”.

El Economista: España sigue batiendo récords de desigualdad: supera a Letonia y Grecia en distribución de la renta disponible”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *