FMI: xerar máis pobres para xerar máis riqueza

imf-logoO Fondo Monetario Internacional (FMI) ven de presentar o seu ditame sobre o estado de saúde da economía española. Do seu análise despréndese unha conclusión ben sabida pola maioría dos analistas, isto é, que a recuperación da nosa economía debe ben pouco a factores propiciados polo goberno de Rajoy e moito con factores externos como son: a actual política monetaria do BCE, a depreciación do euro ou a baixada do prezo do petróleo.

Que da contención salarial, é dicir, que do sacrificio da clase traballadora pódase deducir un incremento da competitividade das nosas empresas, é un elemento obvio, como tamén que iso nos conduce a unha senda, que ten sido denominada como de  “chinificación” do noso modelo productivo, que nos levará a un desastre económico a medio prazo. Nunca poderemos competir en base a man de obra barata e contratos esclavistas, por desgraza sempre haberá que nos gañe. O que sí conseguiremos é incrementar a porcentaxe de “pobres con traballo”, nova clase social coa que pretenden sustituir ás clases medias.

O máis dramático é que seguir as recomendacións do FMI significa  renunciar a un modelo de sociedade, a europea, baseado no Estado de Benestar que era, e debera seguir sendo, unha conquista irrenunciable.

Incrementar os copagos en Sanidade e Educación resulta unha recomendación indigna. Non só porque proveña de aqueles que entenden que as curvas estatísticas están por enriba das persoas, senón porque responde a un plan ideolóxico perfectamente estructurado para desmantelar os servizos públicos esenciais de carácter universal e gratuitos, convertilos en servizos de beneficencia para sectores marxinais e deixar en mans privadas, e só para aqueles que os poidan pagar, unha educación e unha sanidade de calidade que será gradual en función das posibilidades de pago.

Por certo, só como de grande cinismo pódense calificar as palabras de José Luis Ayllón, Secretario de Estado de Relacións coas Cortes, afirmando que “non está previsto” que de aquí ao final da lexislatura o Executivo aumente o IVE, abarate o despido e introduzca o copago sanitario. Alomenos podería amañar as súas declaracións engadindo a palabra “máis”. Quedaría así: “O goberno non pensa incrementar, MÁIS DO QUE XA TEN FEITO, o IVE, o despido e o copago sanitario”.

Curioso, non dixo nada sobre a recomendación do FMI de introducir “fómulas de copago” en educación. Será que non lles basta co que está a facer Wert, reducir as becas e incrementar os precios na educación pública?

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *