O goberno apraza “sine die” as obras de reducción do impacto acústico no barrio de Mollavao en Pontevedra Introduce a actuación no sea Plan de Actuación contra o Ruído, pero negase a indicar as datas de execución

O pasado mes de novembro de 2017, os socialistas rexistramos no Congreso de Diputados unha pregunta ao Goberno para que respondera por escrito acerca de si estaba disposto a atender as reclamacións formuladas polas veciñas e veciños do barrio pontevedrés de Mollavao e, de ser así, cal era o calendario previsto para levar a cabo as actuacións necesarias. Ademáis desta pregunta presentamos dúas iniciativas máis, que hai que sumar ás presentadas polos socialistas no Concello de Pontevedra e no Parlamento de Galicia.

O motivo destas reclamacións vecjñais era, e segue a ser, o alto nivel de ruido que teñen que soportar a cotío debido a alta intensidade de tráfico que soporta o tramo da AP-9 que atravesa dito barrio e ás carencias de calquera tipo de medida anti-ruido que presenta dito vial.

As preguntas, xa que logo, eran ben claras e precisaban dunha sobre resposta. En primeiro lugar, se o goberno pensaba dar solución aos problemas acústicos denunciados polas veciñas e veciños de Mollavao e, en segundo lugar, cales eran as datas previstas para iniciar as obras.

Lamentablemente, na súa resposta, o goberno, aínda que sinala que no Plan de Actuación contra o Ruido (2ª fase) figura dita actuación, non se atreve a dar unha data para o comezo e final das obras.

Tendo ademáis en conta que o Plan de Actuación contra Ruidos únicamente conta coa aprobación provisional, que está na fase de Información Pública (mínimo dous meses) e que o propio goberno sinala que esto non é máis que un primeiro paso, non podemos albergar esperanzas dun comezo destas obras nun prazo razoable. Faltaría aínda a redacción do proxecto que concrete as actuacións, a aprobación do mesmo por parte de Fomento e que a sociedade concesionaria, AUDASA,-de non negarse ou por condicións que retrasen a operación- inicie as obras.

E, por se non abonda co anterior, o Plan de Actuación contra o Ruido califica as obras de Mollavao como de prioridade baixa, por afectar, según eles, a tan só 34 persoas, co cal estaría á cola de todo o conxunto de obras sinaladas en dito Plan.

Os socialistas seguiremos insistindo e continuaremos rexistrando novas iniciativas para para seguir sendo a voz, ante o Goberno, das justas reivindicación das veciñas e veciños de Mollavao.

Aquí deixo os enlaces aos seguintes documentos:

Resposta do Goberno á pregunta do Grupo Parlamentario Socialista.

Documentación acerca do Plan de Acción contra o Ruído do Goberno.

.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *