O Goberno faise xordo e cego ante as denuncias polo mal estado da N-640 ao seu paso por Cuntis e A Estrada

Tras recibir diversas respostas do Goberno ás súas preguntas parlamentarias

MEIJÓN DENUNCIA QUE “O GOBERNO FAISE XORDO E CEGO ANTE AS DENUNCIAS POLO MAL ESTADO DE LA N-640”

O socialista pontevedrés lamenta a actitude do Goberno ante as denuncias formuladas pola cidadanía e polo alcalde de Cuntis, Manuel Campos, ao respecto dos problemas de seguridade vial desta estrada nacional

Madrid, 10 de outubro de 2017.- O deputado socialista pontevedrés Guillermo Meijón reproba a “xordeira e ceguera que demostra o Goberno respecto dos problemas de seguridade vial da N-640, denunciados polos cidadáns e polos socialistas en tantas ocasións”.

Nas preguntas parlamentarias remitidas ao Goberno, o deputado pontevedrés interesábase fundamentalmente pola valoración do goberno do Estado respecto do número de accidentes que se concentran na estrada nacional N-640, nos tramos que discorren polo Concello de Cuntis e en dirección á Estrada. Así mesmo, inquiría respostas concretas acerca das actuacións previstas para a mellora da seguridade vial no devandito tramo, coa definición do calendario e os orzamentos das mesmas.

Moi especialmente, facíase referencia ao tramo que discorre entre os puntos kilométricos 209 e 210 repetidamente denunciado polo seu mal estado, e cuxos últimos sinistros foron o detonante das iniciativas presentadas.

Meijón denuncia que “as respostas do Goberno non poden ser máis lamentables”. “O Goberno limítase a sinalar que no conxunto de la N-640 non foi identificado ningún tramo de concentración de accidentes (TCA) e que, pese ás 29 vítimas que recoñecen no período 2014-2017, non se aprecia incremento de accidentes respecto de anos precedentes” –lamenta.

“Iso si, -remarca o deputado socialista- o Goberno non aforra indicar o que denomina ‘actuacións en distintos grados de desenvolvemento’ na zona, lamentables eufemismos para sinalar as variantes de Cuntis e Portela, e o tramo entre Foxo e Callobre, pero cuxo desenvolvemento ‘dependerá de disponibilidades presupuestarias’, frase habitual que se adoita utilizar cando os proxectos atrásanse “sine die””

Por iso, Meijón indica que “os socialistas seguiremos realizando iniciativas para que as reivindicacións respecto da Seguridade Vial en la N-640 nos tramos sinalados sigan tendo presenza no Congreso de Deputados, en contraste con las nulas respostas do goberno”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *