incorporando a miña Axenda Pública.-

axendaHoxe conseguín incorporar a miña Axenda Pública a este blog. Seguimos así facendo realidade a petición de Pedro Sánchez de transparentar ao máximo o noso labor como deputados.

Agardo non esquecerme de incorporar as previsións ao calendario e mantelo ao día, salvo aquelas reunións nas que os afectados indiquen que non desexan facelas públicas.

Nota: Ante o comentario dun bo amigo, que así mo recomenda, sinalar que se digo que conseguín incorporar a Axenda Pública, refírome a que fun capaz de artellar este blog de WordPress para que poidera aparecer o calendario no sitio correspondente. Aínda que poida parecer o contrario, non teño equipo técnico de axuda e preciso “amañar” persoalmente todo o relativo aos meus blogs. Non son experto informático e case nunca consigo, a pesares de que para outros sexan tarefas moi sinxelas, que funcionen á primeira, nin a segunda, nin …

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.