Informe AROPE: Estado da pobreza en España 2008-2017

Recentemente foi presentado o oitavo informe AROPE, “O ESTADO DA POBREZA. Seguimento do indicador de pobreza e exclusión social en España 2008-2017”, e as conclusións para o noso país, a pesar do impacto positivo da baixada do índice nos últimos anos, non son precisamente satisfactorias.

Pódese ver no gráfico, aínda tendo en conta o cambio metodolóxico implementado en 2008 (de aí que dito ano apareza con dúas cifras distintas), que estamos lonxe de alcanzar o índice dos anos anteriores á crise. De 26,6 a 23,8 hai un diferencial de 2,8 puntos que representa 1,4 millóns de persoas en números absolutos. Pero, ademais, está o compromiso de España na estratexia UE2020 dunha reducción de 1,5 millóns respecto dos datos de 2009, o que supón unha redución adicional de máis de 800.000 persoas.

Noutras palabras, para cumprir os obxectivos establecidos e os compromisos adquiridos, España debería reducir en 2,3 millóns o número de persoas en risco de pobreza ou exclusión.

O Partido Popular, a quen tanto lle gusta falar sobre a herdanza recibida, pode moi ben tratar de explicar esta herdanza deixada en España de persoas en risco de pobreza e exclusión que queda perfectamente referencia no Informe AROPE.

Facendo clic na seguinte imaxe podedes acceder directamente á páxina de
EAPN-ES (Red Europea de Lucha contra la Pobreza y la Exclusión Social en el Estado Español) e descargar tanto o informe completo como o resumo executivo, unha lectura que creo paga a pena realizar.

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.