informe mundial sobre salarios.- España á cabeza da desigualdade

OIT-Global Wage Report
(Premer na imaxe para acceder)

A Organización Internacional do Traballo publicou recentemente o seu Global Wage Report 2014-15 (Informe Mundial sobre Salarios 2014-2015), onde España non sae precisamente ben parada no referente ao incremento da desigualdade que se está a dar no noso país nos últimos anos.

Neste Informe, os seus autores estudian a evolución salarial nos últimos anos e, singularmente, o papel que xogan os salarios no crecemento da desigualdade nos distintos países estudados.

Así, España destaca como o país de Europa onde máis creceu a desigualdade e, se ampliamos a clasificación ao total de países analisados, o noso país queda en segundo lugar, únicamente superado por Estados Unidos.

Neste Informe déixanse en evidencia as políticas do Partido Popular en materia de emprego e salarios, singularmente as derivadas da Reforma Laboral imposta polo goberno de Rajoy. Por exemplo, todos recordamos o duro ataque que esa reforma significou para os convenios colectivos, pois ben, no Informe podemos ler:

“A negociación colectiva é outra institución do mercado do traballo que goza de gran recoñecemento como instrumento fundamental para resolver a desigualdade, en xeral, e a desigualdade salarial, en particular. O punto ata o cal a negociación colectiva pode reducir a desigualdade salarial depende da proporción de traballadores amparados polos convenios colectivos e da ubicación deses trabajadores na distribución salarial”.

Aquí van outros dos párrafos que fan referencia ao noso país:

“O grupo de economías desenvolvidas, o salario real mostrouse estático en 2012 e 2013, e creceu nun 0,1% e nun 0,2% respectivamente. Nalgúns casos –como os de España, Grecia, Irlanda, Italia, Xapón e Reino Unido–, o nivel do salario medio real en 2013 foi inferior ao de 2007”.

“Nas economías desenvolvidas onde máis aumentou a desigualdade, elo debeuse a miudo á combinación de maior desigualdade salarial e perda de empregos. En España e Estados Unidos, os dous países onde máis aumentou a desigualdade se esta se mide comparando fogares no decil superior con fogares no decil inferior, as variacións da distribución salarial e as perdas de empregos determinaron o 90% do incremento da desigualdade en España e o 140% nos Estados Unidos”.

O Informe completo está en inglés, pero deixo o enlace ao Resumo Executivo que está en lengua española:

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.