A Intervención Xeral do Estado confirma os grandes recortes de Rajoy aos investimentos comprometidos para Galicia No ano 2015, o investimento en Galicia para ADIF-Alta Velocidade foi tan só dun 39,6% respecto da cantidade que figuraba nos orzamentos.

Desde fai tempo, vimos denunciando a falsedade dos presupostos de Rajoy respecto, nomeadamente, do AVE a Galicia. A pesares das dificultades para atopar datos oficiais, os sucesivos orzamentos sinalaban as grandes diferencias entre as partidas que figuraban no presuposto e as cantidades que realmente se executaban.

Imos por como exemplo o que acontecía coas inversións de ADIF en Galicia dos últimos anos. Na táboa adxunta pódense apreciar as cantidades que se anunciaban nos orzamentos de cada ano, así como a cantidade que o mesmo goberno confesaba como inversión prevista:

Se resumimos os datos desta táboa, tomados directamente dos orzamentos presentados ano tras ano polo goberno, obtemos os seguintes datos coas correspondentes porcentaxes de execución:

Podemos ver con claridade que, salvo no orzamento do ano 2012 (e porque estaba comprometida a inversión polo goberno socialista), as porcentaxes de execución distan moito das inicialmente “publicitadas” polo goberno Rajoy nos distintos orzamentos presentados no seu mandato. A gráfica, moito máis expresiva, quedaría así:

Pois ben, finalmente é a propia Intervención Xeral da Administración do Estado (IGAE) quen nos comunica que nin siquera os investimentos de ADIF en Galicia acadaban as cifras que o goberno de Rajoy reflectía como inversións reais previstas. E, desgraciadamente, iso non acontecía únicamente co AVE, senón co conxunto de investimentos destinados inicialmente para Galicia. A táboa seguinte está sacada directamente do Informe da IGAE para os Presupostos Xerais do ano 2015 (noutros anos non figuraban estes datos desglosados), e pódese apreciar como as inversións do conxunto do ADIF quedaron reducidas ao 43,35%, cando o goberno Rajoy falaba dun 66,87%. E de referirnos só a partida correspondente a ADIF-Alta Velocidade, o grao de execución diminúe ata quedar nun exiguo 39,36%.

De valorar o conxunto total de inversións, a cifra real do investimento en Galicia resulta dun 56% sobre a inicialmente reflectida nos Presupostos Xerais do Estado para o ano 2015.

Pulsar na imaxe para vela a maior tamaño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *