lamentables ausencias do ministro de interior (e un cuartel -que ninguén quere- para o seu pobo).-

JFD-MinistroInteriorO Grupo Parlamentario Socialista ven de presentar no Congreso unha pregunta ao ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz, como consecuencia das súas reiteradas ausencias dos funerais de membros do Corpo Nacional de Policía falecidos en acto de servizo.

As palabras dunha das portavoces sindicais non poden ser máis elocuentes:

“Ao ministro del Interior só lle interesa o Corpo Nacional de Policía cando fai algunha operación que a él lle pode servir para lucirse. E está ben que o ministro venda os resultados da policía. Pero tamén ten que estar con nós cando un dos nosos morre en acto de servizo”

Iso sí, o ministro sí que ten tempo para mandar construir un cuartel para a Garda Civil, que ninguén quere, no pobo do seu pai. Dous millóns de euros para unha casa-cuartel en Fitero, onde naceu o seu pai, vive a súa nai e él máis os seus nove irmáns veranean con asiduidade. Namentras, a Benemérita negan que a ubicación deste cuartel obedeza a criterios de seguridade.

Deixo dous enlaces:

Pregunta dirixida ao ministro de Interior acerca das razóns da súa ausencia, e doutros responsables políticos, nos funerais de policías mortos en acto de servizo.

PÚBLICO: “Fernández Díaz faise un cuartel da Garda Civil que ninguén quere no pobo do seu pai

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.