“Ler libros e diarios salva a democracia e alónxanos da nosa aldea dixital” A "poscensura" ameaza con enmudecernos a todos

Ler libros e diarios. Pasar as páxinas dun libro salva a democracia: ese xesto sácate da túa aldea dixital. Se non, o século XXI será menos civilizado que o século XX.

O autor desta cita é Juan Soto Ivars, periodista de “ElConfidencial.com” e autor do ensaio “Arden as redes” (Debate). Un libro onde o autor fala desa “poscensura” que ameaza con enmudecernos a todos por medo a ser marcados coa infamante letra escarlata por este o aquel colectivo (todos eles moi enfadados por isto ou aquilo).

Tanto a cita, como a referencia e a foto do autor, están extraídas da entrevista que hoxe lle fan a Juan Soto Ivars nas páxinas de La Vanguardia. Podedes acceder a ela pulsando aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *