Méndez de Vigo ten razón, non sabe de educación “pública”

Foto de "La Vanguardia"
Foto tomada de “La Vanguardia”

Resulta moi preocupante as manifestacións do actual ministro de educación relativas ao concepto de “universalización” do noso sistema educativo. En efecto, Méndez de Vigo afirmou recentemente que a educación “si se universaliza, es gratuita”. E mesmo inquiría ao líder socialista, Pedro Sánchez, acerca de “cómo quiere pagarlo”.

Non resultan menores as consecuencias desta afirmación. De ser certa a interpretación de Méndez de Vigo, a universalización do Bacharelato ou do tramo 0-3 anos -a modo de exemplo- obrigaría a sufragar con fondos públicos esas unidades nos centros concertados.

O certo é que Méndez de Vigo confunde dous conceptos ben distintos“educación universal”“educación obrigatoria”.

Que un tramo ou unha etapa educativa sexa universal non quere dicir que sexa obrigatoria, xa que logo, tampouco implica que teña que ser gratuita e financiada dende a administración.

Os socialistas defendemos a universalización –que non a obrigatoriedade– progresiva da educación dende os CERO ata os DEZAOITO ANOS, pero o que isto implica non é outra cousa que o DEBER das administracións públicas de CREAR PRAZAS PÚBLICAS SUFICIENTES para todo aquél que libremente decida integrarse no sistema educativo nesas idades (obvio resulta dicir que o tramo 6-16 seguirá a ser obrigatorio)

Qué pretende o ministro? Acaso estender esta confusión de forma interesada para deturpar a proposta socialista e arrimala ao que, dende o Partido Popular levan moitos anos pretendendo? Porque sí, o Partido Popular estaría moi interesado en desviar cartos públicos para incrementar os concertos, alomenos as unidades de Bacharelato.

E, por certo, cando digo que non sabe de educación, refírome as súas propias declaracións realizadas pouco despois do seu nomeamento:

O sustituto de Wert admite que …aínda non sabe o necesario de Educación: “Estudio polas noites“.

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.