Palabra de MONTORO.- 62.136 profesionais menos en Educación e Sanidade (PÚBLICAS)

Non, non estamos a falar do número premiado no recente Sorteo de “El Niño”. O número 62.136 correspóndese co número de funcionarios que o goberno Rajoy recortou da Educación e a Sanidade PÚBLICAS no conxunto do Estado.

TABLA PERSONAL PUBLICA-ene2012-jun15Na taboa podedes ver as cifras totais e as de cada sector, en primeiro lugar o total dos profesionais de cada sector e, en segundo lugar, o número deles que ostentan a condición de funcionarios.

Ao mesmo tempo desglosamos tamén, en Educación, os datos correspondentes a Educación Xeral (non-universitaria) e a Educación Universitaria.

Finalmente, remarcar que son datos tomados do Boletín Estatístico do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, datos do ministro Montoro. Os datos reais moito me temo que son bastante peores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *