PEDALADAS: Reforma do Código Penal e Medidas de Seguridade na N-550 Reunión no Congreso co portavoz da Asociación PEDALADAS de Pontevedra

O pasado martes, 13 de marzo de 2018, celebramos no Congreso unha reunión con Enrique Pérez, membro da Asociación PEDALADAS, para falar da Reforma do Código Penal e de incrementar as medidas de seguridade da estrada nacional N-550.

Pulsa na imaxe para acceder ao documento.

Pablo Bellido, portavoz de Seguridade Vial do Grupo Parlamentario Socialista falou do estado da cuestión da Reforma do Código Penal, das modificacións que se pretenden introducir para unha maior e mellar defensa dos usuarios de bicicleta e de peóns. Pola súa parte, Enrique transmitiu as liñas de trabajo que, nese eido, defende PEDALADAS, quedando os contactos establecidos para manter aberta a lima de comunicación entre o colectivo e o Grupo Socialista.

Por outro lado, Enrique transmitiunos os problemas de seguridade que ten a estrada nacional N-550 para peóns e usuarios de bicicleta, nomeadamente no tramo entre Bértola (Vilaboa) e Pontevedra, así como as propostas da Asociación PEDALADAS para incrementar a seguridade vial en dita estrada.

Pola miña parte, comprometín unha pregunta por escrito ao Ministerio de Fomento integrando todas as propostas de PEDALADAS co fin de que teñan que argumentar sobre cada unha delas e, ademais, indicar se teñen actuaciones previstas na zona. Para acceder ao texto da pregunta, basta con pulsar sobre a imane da mesma.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *