PENSIÓNS: sostibilidade, suficiencia, vinculación ao IPC e recuperación do poder adquisitivo O PSOE esixe respostas ao goberno ante un déficit da Seguridade Social que xa acada os 18.537 millóns de euros

  • Os socialistas consideramos unha prioridade a recuperación do poder adquisitivo dos pensionistas e denunciamos a falta de respostas do Goberno ao déficit da Seguridade Social.
  • O PSOE urxiu ao Goberno a adoptar solucións para garantir a sostibilidade e a suficiencia do sistema de pensións, e esixe que se vinculen as pensións ao IPC. 

A portavoz socialista na Comisión do Pacto de Toledo, Mercè Perea, e a secretaria de Seguridade Social e Pacto de Toledo da Comisión Executiva do PSOE, Magdalena Valerio, mantiveron onte un encontro co secretario de Estado da Seguridade Social, Tomás Burgos, para intercambiar puntos de vista sobre o sistema público de pensións, así como sobre a necesidade de chegar a puntos de encontro no marco do Pacto de Toledo. As representantes socialistas denunciaron a reforma das pensións do 2013 que, de forma unilateral e sen o consenso do Pacto de Toledo, aprobou o PP e que hoxe está xerando nos pensionistas una perda do poder adquisitivo, e recordaron que o pasado mes de febreiro o Congreso aprobou -coa única oposición do PP- una proposición non de lei do grupo socialista, por la que se instaba á derrogación da citada reforma.

Perea recordou que, “dada a urxencia na adopción de solucións”, o grupo socialista fixo chegar as súas recomendacións á Comisión do Pacto de Toledo no mes de maio, co obxectivo de “garantir a sostibilidade e a suficiencia do sistema de pensións”. As representantes socialistas situaron como prioridade a recuperación do poder adquisitivo dos pensionistas. “A suficiencia das pensións presentes e futuras marcan o noso punto de partida para os traballos que se levan a cabo na Comisión do Pacto”, declararon.

Así mesmo, evidenciaron o seu malestar ante a falta de respostas por parte do goberno ao déficit da Seguridade Social, que xa alcanza os 18.537 M€ ao peche do ano 2016. Por este motivo, Perea recordoulle ao Secretario de Estado a interpelación formulada no día de onte polo grupo socialista no Pleno do Congreso dos Deputados, na que lle recriminou á ministra Fátima Báñez que “o goberno escóndase detrás do Pacto de Toledo”. Perea esixiu que o Goberno “actúe con prontitude no seu saneamento, presentando un plan de viabilidade acompañado de medidas concretas a adoptar”.

Para os socialistas, a reforma laboral, coa precarización e a depreciación salarial que provocou, afectou negativamente ao mercado de traballo danando, en consecuencia, a recaudación da Seguridade Social e, con iso, ao Sistema Público de Pensións. “Mentres, o goberno foi esgotando o Fondo de Reserva ata chegar á situación actual, e agora recorre ao endebedamento –como solución fácil- para poder pagar as pensións”, denunciou Mercè Perea. “O goberno non pode tardar en adoptar as medidas necesarias a fin de volver vincular as pensións ao IPC e evitar, en consecuencia, a perda do poder adquisitivo para os pensionistas”, recalcou.

Por outra banda, Magdalena Valerio sinalou ao goberno que “recuperar o diálogo social debe ser unha prioridade”. O goberno non se reúne cos sindicados maioritarios, dentro da mesa da reforma de pensións, dende o mes de marzo. “Esta situación é inadmisible”, opina Valerio.

Ademais, os socialistas fan tamén fincapé “na brecha de xénero”, así como “na necesidade de garantir as carreiras profesionais dos mozos e mozas para as súas futuras pensións”.

Finalmente, Magdalena Valerio insistiu en subliñar que “o reforzamento do sistema de protección social permitiu – malia esta longa e dura crise- que as familias máis desfavorecidas tivesen ingresos grazas ás pensións dos seus pais ou outros familiares. O sistema de protección social ten un forte compoñente en termos de solidariedade e redistribución que permite ter sociedades máis igualitarias”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *