PERIGO! Rajoy pretende “blindar” a financiación da educación Blindar a educación contra quen? Contra sí mesmo?

Rajoy-Blindar Educacion“Rajoy quere blindar educación e sanidade na próxima financiación autonómica”, un titular do xornal Cinco Días que ben podería utilizarse como portada do día 28 de decembro, como inocentada.

En escoladeferrado xa o temos denunciado máis dunha vez, pero seguramente cómpre reiteralo. Porque foi Mariano Rajoy quen remitiu en abril do presente ano á Unión Europea o “Programa de Estabilidade 2015-18”, un documento onde Rajoy compromete con Europa a reducción do gasto en educación ata chegar ao 3,7% do PIB no ano 2018.

Se consideramos que España chegou, en tempos de Zapatero, a invertir en educación o 5% do PIB, estamos a falar dun recorte global de perto de máis de 13.000 millóns de euros no noso sistema educativo. É iso o que pretende blindar Rajoy?

Nota: Podedes acudir ao post de escoladeferrado onde se atopa o documento remitido a Europa por Rajoy, para elo pulsade aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *