Ponte Malvar (Cerponzóns): O Goberno rexeita atender as demandas veciñais Ademáis, sinala que a ponte non se atopa no catálogo de bens con protección do Concello

O pasado día, 26 de xuño de 2017, rexistramos no Congreso unha pregunta ao Goberno acerca das reivindicacións que, sobre o antiguo tramo da N-550  no lugar de Tilve (Cerponzóns) e sobre a Ponte Malvar, tiñan  formulado dende a Asociación Veciñal “O Chedeiro”.

A resposta recibida non pode ser máis frustrante. O Goberno limítase a sinalar que únicamente lle corresponde facerse cargo das mínimas actuacións de limpeza, eludindo respostar ás cuestións formuladas pola veciñanza, tales como:

  • Falta de visibilidade e perigosidade.
  • Falta de medios persoais e materiais para a limpeza e corta das árbores.
  • Falta de coordinación entre as administracións.
  • Falta de asesoramento, vixiancia e seguimento dos traballos de conservación.
  • Plan de limpeza, corta, restauración da ponte e das barandillas.
  • Resposta de Telefónica ao cableado que atravesa a ponte.
  • Cesión do tramo vello do vial ao concello de Pontevedra.

Ademáis, non se pronuncia sobre a posibilidade de promover a Ponte Malvar como Ben de Interese Cultural coa excusa de que o Ministerio de Fomento non é a administración indicada, olvidándose de que quen resposta e o Goberno. Iso sí, indica que a Ponte Malvar non figura no catálogo de bens con protección do Concello.

Por se quedaran dúbidas, a resposta deixa claro de que alquera actuación que houbera que facer, estará suxeita a dispoñibilidade orzamentaria.

Deixo a continuación os textos orixinais da pregunta e a resposta, para acceder a elas bastará con pulsar nas correspondentes imaxes.