Populismo político vs. populismo económico

No mes de xuño do pasado ano 2018, no xornal La Vanguardia, podía lerse unha interesante entrevista a Dani Rodrik, profesor de Economía en Harvard, na que este prestixioso economista facía unha interesante reflexión acerca do populismo que creo interesante recordar.

Rodrik diferencia dous tipos ben distintos de populismo: o populismo político e o populismo económico. Ao primeiro deles, populismo político, non dubida en calificalo como dañino, baseado na demonización das minorías ou dos inmigrantes. Pero, pola contra, cando fala do populismo económico canta as excelencias e a utilidade do mesmo para as sociedades actuais.

Para este profesor, o populismo económico e aquél que “ataca as desigualdades, promove unha tasación progresiva das rendas, aboga por unha maior intervención do Estado ou a redución da influencia das finanzas”, políticas que entende desexables no mundo de hoxe.

E recordaba nestes días a citada entrevista namentras procedía a reler algúns dos artigos do meu admirado profesor Antón Costas, catedrático de Economía da Universidade de Barcelona, concretamente o publicado o pasado 12 de decembro, tamén no xornal La Vanguardia, baixo o título “Clase media empobrecida e airada”.

No seu artigo, que non ten desperdicio, Antón Costas recorda como Dani Rodrik defende “a necesidade dun populismo económico que permita que os beneficios do crecemiento se repartan de forma xusta entre todos os sectores da población”.

Deixo a continuación os enlaces á entrevista de Dani Rodrik e ao artigo de Antón Costas, basta con pulsar nas imaxes para acceder a cada un deles.

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.