Reclamamos actuacións inmediatas do ministerio de Fomento na N-640 ao seu paso polo concello de Cuntis. O goberno fai oídos xordos pese ás 29 vítimas que recoñecen no período 2014-2017

Xa son varias as iniciativas presentadas no Congreso acerca do estado da estrada nacional N-640 no concello de Cuntis, pero o goberno de Rajoy segue a facer oídos xordos e rexeita todo compromiso a acometer as obras necesarias para acometer as actuacións necesarias en materia de seguridade vial. (Pódese ver a anterior entrada no blog sobre este mesmo tema pulsando aquí).

Onte mesmo, a instancia do noso compañeiro e alcalde de Cuntis, Manuel Campos Velay, visitamos a zona e puidemos comprobar o lamentable estado desta estrada. Non esquezamos que estamos a falar dun vial que conta cunha intensidade de tráfico superior aos 5.000 vehículos diarios e que no seu tramo máis perigoso -entre os puntos kilométricos 209 e 210- rexistráronse seis sinistros no último ano.

O goberno, a preguntas deste deputado, recoñece que no período 2014-2017 producíronse 29 vítimas, pero semella que non son razóns suficientes que lles leve a acometer actuacións inmediatas. Como de certo que tampouco lle valerán as referencias sinaladas na propia Memoria Anual do Servizo de Protección Civil do concello de Cuntis correspondente ao ano 2017, onde pode lerse o seguinte párrafo:

«En canto a accidentes de tráfico sen feridos, a seguinte categoría por número de intervencións, convén sinalar o feito de que a maior parte deles teñen lugar na N-640, especialmente no tramo coñecido como “curvas de Castroloureiro”. Esta zona é un tramo especialmente perigoso debido ao radio das curvas existentes, moitísimo arbolado que propicia que o firme estea mollado durante gran parte do día, e, polo tanto, deslizante».

Por iso, dende o Grupo Parlamentario Socialista no Congreso de Deputados, seguimos insistindo na necesidade de acometer as obras necesarias que solventen a perigosidade desta zona en materia de seguridade vial, razóns pola que rexistramos unha nova iniciativa en forma de Proposición Non de Lei, cuxa parte resolutiva reza o seguinte:

PROPOSICIÓN NON DE LEI
O Congreso dos Deputados insta ao goberno a proceder á elaboración dun proxecto e execución do mesmo no ano actual que contemple:
a) Actuacións inmediatas na N-640, no tramo coñecido como “curvas de Castroloureiro”, entre os puntos kilométricos 209 e 210, que permitan revertir a actual perigosidade do mesmo.
b) Proxecto integral de actuacións na N-640, ao seu paso polos concellos da Estrada e Cuntis, que contemple, entre otras cuestións, acometer a reposición integral do firme da estrada, mellorar a sinalización da travesía en Cuntis, actuacións de seguridade vial nas parroquias de Troáns e Portela, e actuacións de seguridade vial e mellora das interseccións no eixe das parroquias Anllada-Couselo.”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *