Reto urxente e inaplazable: Salvar as pensións, salvar a Seguridade Social. O Partido Popular pretende reducir ao mínimo as pensións para que haxa necesidade de acudir a seguros privados

LuzRodriguez
Foto: Marta Jara – eldiario.es

Magnífico artigo da nosa compañeira Luz Rodríguez publicado hoxe, 5/08/2016, no xornal dixital infoLibre. Un artigo dende o rigor, ofrecendo datos incuestionables e poñendo o foco no punto xusto. O título sinala, de forma clara e directa, o seu contido: “Salvar as pensións”.

Salvarlaspensiones
Pulsa na imaxe para acceder ao artigo.

Luz Rodríguez pon, negro sobre branco, un dato escalofriante. O Partido Popular remitiu á Unión Europea o documento Actualización do Programa de Estabilidade 2016/2019, no que se indica que o investimento previsto para pensións no ano 2050 será do 12,3% do PIB. No ano 2013, a cifra era 11,8% do PIB.

Estamos a falar dunha diferencia de 5 décimas. O problema está, como moi ben sinala Luz, en que no ano 2013 a porcentaxe de pensionistas respecto da poboación en idade de traballar foi do 26,8%, namentras que no ano 2050 será do 62,3%. Ou sexa, en palabras da autora do artigo:

Isto é, en 2050, ano no que se xubilará a xeneración máis numerosa da historia do noso país, teremos a mesma inversión en pensións que en 2013 para máis do dobre de pensionistas que nesa data. Unha simple división amosa as consecuencias: as pensións serán entonces moito máis baixas. Esa é a política que está levando a cabo de forma silenciosa o PP: reducir ao mínimo as pensións para que haxa “necesidade” de acudir aos seguros privados.

Como sempre, para acceder ao artigo pulsade na imaxe do mesmo que acompaña estas liñas. Non ten desperdicio!

1 thought on “Reto urxente e inaplazable: Salvar as pensións, salvar a Seguridade Social. O Partido Popular pretende reducir ao mínimo as pensións para que haxa necesidade de acudir a seguros privados

  1. Valoriecb Spanien GlenMilli
    ZZABrittn Spanien RaleighMa
    LasonyaMa Liverpool OliviaDib
    LuisBlack Sverige MacVander
    BUMElbert Juventus JonelleHi
    IsobelHac Elfenbenskusten Cassandra
    WJVIndira Liverpool HarveyBet
    ShalandaK Rumanien LeoraVlc
    TMCLinda Juventuss ClaudeDeB
    DominikPi England PedroNorr
    RamonaRbw Roma Agnesuimz
    LeliakjI Dortmund EVOLinfq
    BrennaCro Turkiet WernerLym
    DoyleKqk Frankrike PenelopeE
    WinfredDe Los Angeles Galaxy DeweyEhma

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *