“Se antes non se matan entre eles” Debemos preocuparnos os socialistas?

pepesaturnino
José Saturnino Martínez García

“En este punto, el dilema de Podemos puede resumirse en “Rajoy o referéndum”, que traducido quiere decir: prefiero que gobierne Rajoy, pero quítate tú, PSOE, para ponerme yo como fuerza más votada de la oposición. Sin embargo, para el PSOE, todas las opciones son malas, pero por lo menos hay algo de premio, con mucho riesgo, en la opción de gobernar (si todavía no se han terminado de matar entre ellos para entonces)”.

José Saturnino Martínez García é doctor en Socioloxía e especialista en Economía da Educación, por citar dous aspectos do seu currículum. Coñezo persoalmente a Saturnino precisamente pola súa especialización en temas educativos e temos compartido mesa e mantel en máis dunha ocasión coa compaña de amigos comúns , Mario Bedera e Torres Mora entre outros.

Respeto moito as súas opinións e de ahí que procure facer un seguimento dos seus artigos. A cita que inicia esta entrega provén precisamente do seu último artigo publicado en eldiario.es baixo o título “Quítate tú para ponerme yo”, ao cal podedes acceder pulsando aquí.

Non é a miña intención reflexionar sobre o conxunto deste artigo que sí convido a ler, senón por a foco sobre a frase que -entre paréntese- pecha o artigo e a cita: “se todavía non terminaron de matarse entre eles para entón”.

Que Saturnino, un sociólogo de prestixio, unha persona progresista, que ten colaborado con nós, cos socialistas, no goberno Zapatero,  remate desta forma o seu artigo é algo que debera preocuparnos, e moito, aos socialistas.

Polo menos, a min sí! E non pouco.

1 thought on ““Se antes non se matan entre eles” Debemos preocuparnos os socialistas?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *