Se unha reforma mellora a eficiencia pero empeora a equidade é unha mala política.

AntónCosta-EconomíaDigital
Antón Costa (Foto: Economía Digital)

O profesor Antón Costa, catedrático de Economía Aplicada na Universidade Barcelona e galego de nacemento, publicaba hai uns días un artigo, no xornal “EL PAÍS”, baixo o título: “O populismo: o reverso do cosmopolitismo”. Nese artigo destacaba a frase que presta o título a esta entrega:

Se unha reforma mellora a eficiencia pero empeora a equidade é unha mala política.

Unha frase rotunda e coa que coincido plenamente. O populismo, para Antón Costa, sería a reacción ante a degradación provocada na sociedade por unha políticas que, en base a unha pretendida eficiencia, o que realmente lograron foi un alto incremento da desigualdade e provocar un gran deterioro da calidade de vida a amplas capas da cidadanía.

Seguir debullando este artigo sería unha impertinencia pola miña parte. Así pois, déixovos o enlace ao texto orixinal, para elo basta con pulsar na seguinte imaxe:

AntonCosta-ArtigoPopulismo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *