Sistema Sanitario.- Diagnóstico: PRIVATIZACIÓN Gasto Sanitario Público/Privado no período 2003-2014

20160809-GRAFICO-GASTO SANITARIO PUBLICO-PRIVADO-2003-2014
Gráfico: Elaboración propia. Datos: Ministerio de Sanidade. Pulsar para velo a maior tamaño.

Recentemente saiu a luz o informe “Sistema de Contas da Saúde 2014: Principais resultados”, elaborado polo Ministerio de Sanidade.

SCSprincipalesResultados
Pulsa para acceder ao documento.

A publicación deste informe deu lugar a distintas publicacións nas que se indicaba o camiño de privatización emprendido no Sistema Sanitario do noso país.

Concretamente a Cadena Ser foi un dos medios que máis referencias fixo aos datos deste informe que recolle a evolución do gasto sanitario do noso páis no período 2011-2014, diferenciando entre gasto público e gasto privado. Podedes ver a nova publicada na páxina web da Cadena Ser pulsando aquí.

Unha serie tan curta de anos non permite, ao meu parecer, reflectir a realidade dunha forma axeitada, polo que me permito presentar a gráfica que encabeza esta entrega, tomando as series históricas publicadas polo Ministerio de Sanidade, a evolución do Gasto Sanitario Público/Privado no período 2003-2014 que creo permite unha visualización máis doada da realidade.

Unha realidade cuxa clara tendencia á privatización nos últimos anos pode acabar coa institución do Estado do Benestar que, na miña opinión, maior nivel de excelencia tiña acadado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *