Cando fai un par de meses fun á libraría a comprar o libro do meu bo amigo José Juan Díaz Trillo -Pepejuan para os amigos-, o libreiro advertiume o seguinte: “Se os que vos dedicades á política lésedes máis poesía, mellor nos irían as cousas”. Menos mal que o libro que encargara era, precisamente, un libro de poesía, de excelente poesía.
“Donde da la vuelta el tiempo” é o título deste libro, unha antoloxía completa da obra de Díaz Trillo entre os anos 1979 e 2019 que recentemente publicou a editorial Versátiles.
Coñecía xa unha parte da obra de Pepejuan, en parte porque atopara na rede varios poemas da súa primeira época, e tamén da súa poesía actual en base á súa xenerosidade ao regalarme algún dos seus poemarios máis recentes.
Tivemos, os seus amigos do Congreso, a oportunidade de coñecer ao político, pero tamén, o cal foi gran fonte de pracer, ao poeta falado, ao poeta que nos deleitou en máis dunha ocasión co recitado dos seus versos. Nunca se nos borrará o recordo, polo emotivo do momento, da súa lectura do poema dedicado á súa filla Martina. Aquí o seu final:
Corónate tú misma en nombre de nosotros.
”Martina y los pájaros”
Cíñete a la frente el estandarte rubio de su tiempo
y pon en él toda esperanza, que ya lleva la nuestra.
Atrévete, dichosa, valiente y justa en la bondad
con que se abre el cielo de un mañana en que los pájaros
componen, para ti sola Martina, la canción de tu vida.
Lin o libro na orde proposta polo autor, comezando así pola parte final da súa obra poética e finalizando polos seus primeiros versos de mocidade. Quizais pensase Pepejuan que lendo en primeiro lugar o seu primeiro libro, “Milcíades”, ao que cualifica como “obra de adolescencia” e “con moitas carencias”, non seguísemos lendo o resto dos seus poemas. Afortunadamente tal cousa non sucederá pois estamos ante unha obra primigenia que reflicte a “fame e sede” do poeta adolescente, tal cal o seu propio autor cualificou, seguro que sen advertilo, no seu poema:
Ahora, Milcíades, tienes las manos insomnes en la tinta
”Milcíades”
tal un ánfora de incongruencias, una absurda factoría.
No debe asustarte. Sólo es tu hambre y sed de adolescente.
Como ben se pode comprender non está na miña intención o profesar un oficio que non é o meu, nin, por tanto, indicio algún de exercer como crítico literario da obra do poeta Díaz Trillo. Así pois, enténdanse estas liñas como o que son, as palabras dun amigo a outro amigo polo goce que supuxo a lectura dos seus poemas e, o cal tampouco está mal, poidan servir de motivación para que outras persoas se acheguen á súa lectura.
Ahora, Milcíades, tienes las manos insomnes en la tinta
tal un ánfora de incongruencias, una absurda factoría.
No debe asustarte. Sólo es tu hambre y sed de adolescente.
Postdata: O título desta entrega anunciárallo a Pepejuan o día 21 de xuño, xusto cando finalizaba o estado de alarma pola pandemia. A mensaxe rezaba así:
“E o título, aínda en borrador, quizais sexan dous versos que ben veñen para o momento polo que estamos a pasar:”
De la agonía de este sol
”Envés de otro poema”
nacen estrellas por venir,