NON! nin os políticos nin as políticas son iguais

Patxi López, Salvador Illa, Pedro Sánchez e o Ingreso Mínimo Vital

Que calen xa dunha vez aqueles que, pretendendo ser puros e imparciais, cantan repetidamente a “Canción da Equidistancia”. Unha canción cuxa letra pretende argüir, con cansino retrouso, que todas as persoas que se adican a política son iguais e mesmo que son iguais as políticas que poñen en práctica.

E hai momentos nos que a realidade amosa exemplos paradigmáticos do vacuo, banal e insubstancial desta argumentación. As intervencións de Patxi López e Salvador Illa que tiveron lugar no día de onte no Congreso de Diputados -e cuxos vídeos deixo ao final desta entrega- son dous preclaros exemplos do que estou a dicir, tanto é así que non preciso engadir nada por riba das súas actuacións. Xa o dicían os gregos: “O evidente non necesita demostración”.

E se falamos da Política, que mellor exemplo que o que hoxe vaise a aprobar no Consello de Ministros: O Ingreso Mínimo Vital.

Estamos a falar dunha iniciativa política que atende á dignidade das persoas, que responde ao principio de que ninguén quede atrás, tantas veces citado polo Presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

Unha medida moi complexa, moi difícil de artellar, pero que cobra vida en tempo récord, porque a vida das persoas non pode nin debe esperar. Como ben di Adriana Lastra neste tuit:

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.