Categorías
FOMENTO GALICIA

O AVE de Rajoy: Nin a metade do orzamentado

“Onde hai papeis, calan barbas”. O Tribunal de Cuentas coloca ao goberno de Rajoy no seu sitio e avala o que levamos anos dicindo ano tras ano ao respecto das falacias e a maquillaxe orzamentaria dos gobernos do Partido Popular

Levo bastantes anos denunciado por activa e por pasiva a perversión coa que os gobernos de Mariano Rajoy e Ana Pastor utilizaban os orzamentos do Estado, singularmente no que atinxe as inversións a realizar en Galicia. Singularmente, pola súa cuantía, as partidas referidas ao AVE a Galicia.

Nos distintos orzamentos dos anos de Rajoy como presidente do goberno, as inversións destinadas a Galicia aparecían sistemáticamente incrementadas xenerosamente na documentación que cada ano presentaba o ministro Montoro no Congreso, cando sabía perfectamente que non estaba na intención do goberno facelas efectivas.

Hoxe, coa publicación do Informe de Fiscalización do Tribunal de Contas para o período 2014-2017, pódese comprobar a certeza das nosas denuncias.

Dous grandes datos denunciados polo Tribunal de Cuentas:

Nivel de Execución respecto do orzamentado: 49,2%

Retrasos provocados pola mala xestión: 50 meses

Así o reflicte a prensa galega (creo que non coa intensidade debida, dada as súa gravidade) como podedes ver na seguinte imaxe. A continuación dela deixo os textos do Informe do Tribunal de Cuentas e mesmo a nota de prensa que difundiu esta institución como nota de prensa (para acceder a eles basta con pulsar nas imaxes).

Postdata: Para rematar, as alegacións de Ana Pastor dicindo que “non contaba con dispoñibilidade orzamentaria”, non se sosteñen. Podería valer para o primeiro dos orzamentos que tivo que xestionar, que aínda era do goberno socialista, pero non para o resto de exclusiva autoría do goberno do Partido Popular. Por certo, foi nese primeiro orzamento cando o grao de execución foi maior.

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.