Por un socialismo e unha sociedade decente

A economía do despilfarro

A pandemia causada pola COVID-19 permite un tempo de lectura para aqueles libros que estaban no estante de “Empezados e Non- Acabados”, deses que compramos, comezamos a ler, pero que o cotián acaba empuxándoos cara a ese maldito estante.

Un deles, co que agora trato de reconciliarme, é “El despilfarro de las naciones”, de Albino Prada Blanco, prologado por un dos meus autores de cabeceira, Antón Costas. Os dous son galegos, os dous son economistas e, algo que valoro moito, os dous adoitan empregar unha linguaxe clara e accesible que fai que a lectura dos seus libros produza un maior goce para aqueles que non somos especialistas na materia.

Este libro é un ensaio singular, único e oportuno sobre a desorde económica actual das sociedades desenvolvidas”

Do prólogo de Antón Costas

Paso a continuación a extractar, con maior ou menor fortuna, diversos parágrafos do libro co fin de que vos fagades unha idea do seu contido e anímevos á súa lectura. Aqueles sinalados con “(A.C.)” correspóndense co prólogo de Antón Costas, o resto corresponden ao texto de Albino Prada.

“As grandes crises económicas non son problemas de escaseza senón de abundancia mal distribuída (A.C.)”.

“Os grandes clásicos [da Economía] defensores das virtudes sociais do mercado e da competencia… defenderon a necesidade da acción pública e estatal para conciliar o mercado cunha sociedade decente (A.C.)”.

“A produción global multiplicouse case por vinte no século XX mentres a poboación fíxoo por catro, sen que tal desproporción mitigase en nada a miseria que segue padecendo boa parte da Humanidade”.

“Porque non é razoable inferir que un produto crecente per cápita orixine un benestar per cápita tamén crecente. Isto é algo que non se conseguirá traballando e producindo máis, senón traballando e producindo doutra maneira. Pois, por exemplo, datos relativos ao Xapón demostran que, no período que vai de 1958 a 1991, o PIB real per cápita multiplicouse por seis, á vez que non se anotou ningún cambio na satisfacción vital declarada”.

“É fundamental internalizar as “deseconomías” externas tanto ambientais (cambio climático, biodiversidade, etc.) como sociais (dereitos de xubilación, nivel de desemprego, cobertura sanitaria, etc.) asociadas ao modelo produtivo actual, e facelo a escala global nunha nova orde económica e comercial internacional que non se desentienda do galopante “dumping” ambiental, fiscal ou laboral que está a imperar na actual globalización”.

[Sobre o desemprego] Atopámonos ante un fallo sistémico do mercado, fallo que un socialismo decente debe tratar como tal e non, como quererían facernos ver os defensores da presunta soberanía do consumidor, dun mercado que sexa o principio e fin de todas as cousas. O desemprego infrinxe danos irreparables á cohesión social e á saúde. Constitúe un desequilibrio crecente, cíclico e estrutural sobre todo por mor da automatización masiva nun mundo global, onde as empresasya non están atadas a ningún lugar.

Unha sociedade xestionada por un socialismo decente debese protexe aos seus membros contra o desemprego masivo e garantir a todos os cidadáns uns ingresos que lles eviten sumirse nunha pobreza degradante.

O socialismo e a sociedade decente necesita de actuacións non ambiguas contra: a ruptura do contrato social -entre o capital, o traballo e o Estado-, as ameazas ecolóxicas colectivas, o nomadismo dos traballadores e das empresas, o racismo e a xenofobia, os profetas, gurús e guetos como seudoidentidades de resistencia, o auxe da economía delo crime, a destrución da clase media -por medio do subempleo, desafiuzamentos, drogas, etc.- ou o dominio de novas elites globais transnacionales.

Podería seguir escribindo parágrafos e máis parágrafos dun libro que recomendo a todos os efectos. Como di o seu autor, “é un libro moi breve, pero moi denso, non se pode ler rápido, non é difícil, é sinxelo, pero… non hai que andar acelerado”. Deixo a continuación o vídeo da presentación deste libro que tivo lugar no Ateneo Atlántico de Vigo. Acompañaban neste acto ao autor, Emilio Zunzunegui “Magis”, bo amigo de batallas sindicais de outrora, e Xosé Carlos Arias, outro grande dos economistas galegos.

Nota: O autor da foto que encabeza esta entrada é Xoan Carlos Gil. Foto aparecida nunha entrevista realizada a Albino Prada en La Voz de Galicia, con motivo da publicación deste libro. A podedes ler aquí.

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.