Ola amig@s:
Chámome Guillermo Meijón Couselo, son mestre no sistema educativo público, licenciado en Pedagoxía e Orientador Escolar.
Levo máis de 33 anos militando no PSdeG-PSOE e na FETE-UGT. Ademáis son membro fundador do Movemento de Renovación Pedagóxica Escola Viva.
Dende novembro de 2011, son deputado no Congreso, onde exerzo como Viceportavoz de Educación do Grupo Parlamentario Socialista. Son membro titular das comisións de Educación, Cultura e Pactos de Toledo, ademáis daquelas das que figuro como adscrito.
Anteriormente fun concelleiro en Pontevedra durante seis anos (1999-2005), sendo nos dous últimos responsable da Área de Educación en co-goberno co BNG.
Entre 2005 e 2011, fun diputado no Parlamento de Galicia onde exercín como portavoz de educación do Grupo Parlamentario Socialista, ademáis de Presidente da Comisión do Consello de Contas.
Como podedes ver, a miña vida profesional e política sempre estivo xirando arredor da educación e tratando de defender do mellor xeito posible a escola pública. Tamén dende os cargos orgánicos nos que prestei e presto meus servizos tanto no PSdeG-PSOE como en FETE-UGT. Actualmente son membro da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE e tamén da Sectorial Federal de Educación do PSOE.
Na miña época no Parlamento de Galicia naceu Escola de Ferrado (www.escoladeferrado.es), blog adicado únicaqmente a temas educativos e do cal síntome razoablemente orgulloso, se ben hai períodos nos que non lle presto a atención debida.
Hoxe, 1 de xaneiro de 2015, nace este segundo blog, que pretende ter un espectro máis amplo e cubrir espazos que non teñan cabida en Escola de Ferrado. Tan só espero que poida aportar un grao de area na esfera da política, sempre dende unha óptica progresista e, lóxicamente, socialista.
Grazas de antemán a tod@s @s que me fagades algunha visita.