Un republicano pontevedrés

“Este libro é un exercicio, necesario e valioso, de memoria, de rescate das vivencias dun vello militante socialista. O autor recupera e divulga esa memoria pouco publicada, que se transmitiu caladamente e en privado: a memoria dos perdedores porque a dos vencedores estivo sempre presente, apoiada nunha transición que se baseou no esquecemento e a impunidade. Máis alá da reivindicación (lexítima e digna de aplauso) da historia familiar é tamén unha forma de dar permanencia aos ideais de loitadores como Celso García de la Riega e evitarlles esa segunda morte, a definitiva, que sería o esquecemento”.

Así reza o texto asinado por Xosé Álvarez Castro (autor do imprescindible libro “Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar y represión. 1936-1939”), como prólogo da novela recentemente publicada por Guillermo García de la Riega Bellver, “Memorias dun republicano pontevedrés”, dedicada á memoria do seu pai.

Estamos ante unha novela que se lee con pracer e rápidamente, que atrapa ao lector e incita a lela ata o final. E así é, as páxinas se voltean unha tras outra sen apenas darnos conta. O que en inglés denominarían como “page-turner”.

O excelente prólogo de Álvarez Castro define á perfección o texto de Guillermo García de la Riega, polo que deixaros con uns extractos do mesmo:

A memoria é selectiva, modifícase a través do tempo, a memoria de Celso García de la Riega non aparece como escrita de xeito contemporáneo aos feitos narrados, senón que se constrúe desde o presente, é memoria recreada na que non se debe buscar a exactitude do dato, dos nomes, da cronoloxía; tamén atopamos interpretacións históricas coas que podemos disentir, pero o importante é a percepción subxectiva do protagonista, como el viviu os feitos. Articúlase en dous grandes bloques: o tempo da guerra e a posterior loita pola vida dun vencido na Pontevedra do medo e do silencio”. 

“As motivacións do golpe de estado, a violencia no tempo da república, o papel xogado por determinados partidos durante a guerra, os compañeiros de loita, as novas que chegan da represión na retagarda…están presentes neste primeiro apartado”. 

No segundo bloque podemos atopar unha serie de temas moi significativos para comprender o período da posguerra: 
A persistencia do castigo…
A arbitrariedade…A impunidade…
As zonas grises…
A resistencia contra o réxime…
A postura crítica ante a transición…

Recomendación final, non deixedes de ler o libro. Disfrutaredes da súa lectura.

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.