Xaime Toxo:
“A casa sen nós”

Atoparme hoxe nunha librería, na primeira saída que realizo na Fase I da COVID-19, con Xaime Toxo, non deixa de ser unha grande escusa para retomar algo que levo sen practicar demasiado tempo: a lectura de poesía. E o último libro de Xaime, “A casa sen nós”, constitúe un excelente aliado para saldar esa débeda pendente.

No camiño de volta a casa comezo a ler gorentoso e de xeito anárquico os poemas que xorden das páxinas abertas ao chou, pois como ben suxire, a modo de haiku, un dos seus poemas:

A nós tamén nos constrúe ese navegar,
o andar errático,
deixarnos ir ao chou.

“A casa sen nós” de Xaime é, como me indica na súa amable dedicatoria, “esta casa que é a casa de todos e de nós nesa intimidade de sentirnos”. Unha casa enfronte do mar, ese mar eterno e infindo. “La mer, la mer, toujours recommencée!”, que dicía Paul Valéry.

Non temades, non vou facer unha crítica do libro, non son quen de facela, pero sí que volo recomendarei en base a unha sinxela razón: estou a disfrutar da súa lectura.

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.