Xesta do mundo vacinando ao mundo

“Teño medo ás veces á visión meramente económica da vacina”.

Dr. Alfredo Miroli

Como moitos de vós, estiven disfrutando da didáctica explicación do doctor Alfredo Miroli, especialista en inmunoloxía, sobre o coronavirus. Sen dúbida unha das mensaxes máis didácticas que teño visto sobre o tema e que recomendo a todos aqueles que aínda non a viron.
[Os que queiran ver o vídeo poden pinchar AQUÍ.]

Sen embargo, e aplaudindo a súa capacidade didáctica, quixera referirme aquí aos minutos finais da súa intervención. Concretamente, na parte referida á vacina que a ciencia poida conseguir -esperemos que canto antes- para vencer a este virus. E aquí, o doctor Miroli expresa unha grande preocupación que moitos compartimos, o medo “á visión meramente económica da vacina. Isto é, a que un grande laboratorio poida poñer un precio á vacina que impedira o seu acceso universal aos países e ás persoas con menos recursos.

De darse tal circunstancia, creo que poderíamos con toda xustiza falar de crimen de lesa humanidad. Por elo aplaudo a frase do doctor Miroli cando di que isto debe ser unha “xesta do mundo vacinando ao mundo”, porque, como ben engade: “Esta vacina, se sae, a merecemos todos”.

Grazas por compartilo nas túas redes:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.